Sunday 19 de May de 2024

Entrega de premios do Concurso de Entroido organizado por concello e Asociación de Empresarios de Riveira


O Centro Cultural Lustres Rivas serviu de escenario na tarde de onte para distinguir aos gañadores do concurso de disfraces posto en marcha o pasado Entroido a iniciativa da Asociación de Empresarios de Riveira e Concello. O acto contou coa participación dos concelleiros de Cultura e Turismo, Herminia Puso e Antonio Freire; con Antonio Álvarez no nome da Asociación de Empresarios e con Tucho Lijó en representación da hostalería local.

Os gañadores en cada una das modalidades de individual, parella e grupo foron:

• CATEGORÍA INDIVIDUAL
– 1º PREMIO (100€): “MARY POPPINS”
– 2º PREMIO (50€): “ABUELITA PIOLÍN”
• CATEGORÍA PARELLA
– 1º PREMIO (200€): “VIAJEROS DEL TIEMPO”
– 2º PREMIO (100€): “SIRENAS”
• CATEGORÍA GRUPO)
– 1º PREMIO (350€): “TRIBU RIVERA MAYA”
– 2º PREMIO (200€): “KISS”

Así mesmo, no transcurso do evento entregaranse diplomas aos 19 locais hostaleiros participantes:

1.- Café-bar Retablo
2.- Bar Plaza
3.- Cocoluche
4.- O Atallo
5.- A Recoveira
6.- Ventos Vellos
7.- Restaurante Xaquín
8.- A Caseira
9.- Nuevo Noruego
10.- O Noite Lounge
11.- Bar Balado
12.- Lusco Fusco
13.- 7 pulgadas
14.- O niño do cuco
15.- Botter
16.- Bulebar
17.- Bonaparte
18.- Aloha
19.- Xamonería Otear